A Franqueira un icono turístico. Disidentes do PP.
José Rodríguez Espiñeira non teme ás adversidades. Montou o seu partido, Alternativa Cidadá na Cañiza, ao límite do tempo legal e despois de que se disipase as súas lexítimas aspiracións de formar parte da candidatura do PP. Pecha a campaña un día antes, farao hoxe cunha festa mitin coa Orquestra América na chaira da discoteca de Don Pedro, "porque logrei mellor prezo que os grandes partidos", espeta ante a nosa asombrada cara.
Asegura que esta ben rodeado. "Somos un equipo de xestores, temos capacidade e proxectos como a potenciación do polígono industrial, conectar as parroquias co casco, facer da Franqueira unha icona turística, explotar os recursos endóxenos infrautilizados, e non necesitamos de grandes partidos", di. Cre que pode gobernar e di que non se conforma con menos.
En Ponteareas reside Juan Carlos González Carreira. Encabeza un partido chamado Alternativa Cidadá de Ponteareas creado con parte da "cociña" da desaparecida UCPA. Desde que Nava Castro é número dous do PP non se sabe como vai responder o electorado que antes votou a UCPA; se seguirá ao seu exlíder ou a parte do seu equipo. González Carreira esfórzase por marcar as diferenzas e advirte que non vai pactar co PP. Do seu programa destaca a necesidade de aprobación do Plan Xeral "podémolo facer en 24 meses" e cre que grazas a iso poderanse estabilizar empresas e crear emprego. Tamén considera prioritario facer un novo colexio de Infantil e Primaria, construír o aparcadoiro subterráneo e loitar contra a discriminación de vila e parroquias. Está seguro que vai lograr representación e négase a que os cualifiquen de centro-dereita "somos un partido cuxa ideoloxía é Ponteareas".
En Arbo Luís Rodríguez Martínez encabeza Alternativa Independente de Arbo, que se presentou en 2007 e logrou 2 concelleiros. O partido, cuxo acrónimo é Aiar que ben podería ser de liña aérea, aspira a voar alto e lograr o goberno aproveitándose do cambio de candidato no PP. Aos populares do Goberno reprocha "manter unha actitude de goberno de costas á poboación durante moito tempo". "A nosa intención é facer unha política activa escoitando aos nosos veciños, acordando os temas importantes".
Mais no Faro: