A opinión do WEB Master
A opinión do Web master:
A seis días das eleccións municipais realizarei unha única reflexión persoal, o resto de publicacións só son un recompilatorio de noticias rescatadas dos medios de gran alcance como Faro de Vigo, A Voz, ABC, Atlantico, O País...
Un dos obxectivos desta Web é informar a todos os veciños da maneira máis imparcial posible, no entanto detrás desta Web hai unha persoa e como persoa que son teño a miña opinión sobre esta e calquera outra cuestión que afecta as nosas aldeas.
A maioría dos visitantes desta Web xa non somos votantes do municipio, a falta de oportunidades fixo que a maioría vivamos en Vigo, Ponteareas, Madrid, Barcelona...O que se temos é información do que ocorre nas nosas aldeas e é esta información a que temos que trasladarlle aos nosos pais, avós e veciños que pola súa idade ou falta de medios non teñen acceso a ela.
Eu escoito por Covelo lendas como que os sobres dos partidos son de diferente forma ata que o goberno pódeche quitar unha pensión.
O obxectivo desta Web é que todo veciño de Covelo que queira votar aos partidos da oposición fágano sen ningún tipo de presión e por suposto que se quere votar ao PP tampouco a sufra, aínda que non me consta que isto ocorrese nunca.
Ao meu entender máis de 30 anos de goberno de Jose Costa e do Partido Popular son suficientes para realizar os proxectos que pesentarón ala por os anos 70. Agora toca o cambio, a rexeneración democrática. O Partido Popular está a só dous concelleiros de ceder o goberno municipal e o BNG encabezado por Xosé Manuel Sendín está sobradamente preparado para recoller o relevo de Covelo.
Non obstante isto é só unha reflexión persoal, e o realmente importante é que todo veciño vote libre, democraticamente e informado ao candidato que máis lle guste e non ao que me guste a min.
D.F.A
Falando de libertad aqui vos deixo a de Serrat: