Voto por correo, normativa.

Publicado en por municipales covelo 2011

O elector que queira votar por correo debe facer o seguinte:

 

Unha vez convocadas as eleccións e até o 12 de maio de 2011- persoalmente e co seu D.N.I., a calquera Oficina de Correos e solicitar o impreso para votar por correo.

 

Encher e asinar o impreso de solicitude. O funcionario de Correos comprobará a coincidencia da firma. En ningún caso admitirase fotocopia do DNI.

 

Os servizos de Correos remitirán toda a documentación á Oficina do Censo Electoral. Esta anota nas Listas do Censo que se solicitou votar por correo -de modo que XA NON POIDA VOTAR PERSOALMENTE- e remite ao elector por correo certificado ao domicilio que lle indicou ou, na súa falta, ao que figure no Censo:

 

-Unha papeleta de cada unha das formacións políticas que se presente ás eleccións e un sobre de votación, no que se introducirá a papeleta correspondente.
-o certificado de inscrición no censo.
-un sobre no que figurará a dirección da Mesa onde lle correspondería votar.
-unha folla explicativa.

 


Esta documentación tamén debe ser recollida persoalmente polo elector previa acreditación da súa identidade. Se non estivese no seu domicilio, terá que ir persoalmente a recollela á Oficina de Correos correspondente.

 

Unha vez que o elector escollese a papeleta de voto, introduciraa no sobre de votación e pecharao, e seguindo as instrucións correspondentes, remitirao xunto co certificado de inscrición no censo noutro sobre que remitirá por correo certificado até o día 18 de maio.

 

O Servizo de Correos conservará até o día da votación toda a correspondencia dirixida ás Mesas Electorais e trasladaraa ás devanditas Mesas as nove da mañá.

 

Así mesmo, seguirá dando traslado da que poida recibirse no devandito día, até as vinte horas do mesmo. O Servizo de Correos levará un rexistro de toda a documentación recibida, que estará a disposición das Xuntas Electorais.

 

Os sobres recibidos despois das vinte horas do día fixado para a votación remitiranse á Xunta Electoral de Zona (e destruiranse).

Máis información:

 

Artigos 72 e 73 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.
 

Ampliar na Web do ministerio do interior:

link

Publicidad

Etiquetado en XERAL

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post