O Corruptómetro Galego.

Publicado en por municipales covelo 2011

O que empezou sendo un movemento minoritario na Rede ten visos de converterse nunha forza social a ser tida moi en conta polos partidos políticos nas próximas eleccións.

 

Trátase da plataforma Non lles votes, unha iniciativa que xurdiu por parte dun grupo de internautas a partir da aprobación da Lei Sinde e que está a levar a cabo diferentes accións, especialmente na Rede, para mobilizar aos cidadáns e impedir que dean os seus votos a PSOE, PP e CiU nos próximos comicios.

 

Así, á súa forte presenza nas redes sociais e á creación dunha Wiki propia na que se detallan todas as iniciativas postas en marchas neste sentido, esta plataforma cidadá acaban de lanzar un Corruptómetro, un mapa de España no que aparecen sinaladas todas as localidades en hainas casos de corrupción política.

O Corruptómetro está elaborado en base ás últimas informacións aparecidas nos medios de comunicación sobre casos de corrupción nas diferentes institucións públicas. Ademais, calquera cidadán pode engadir un novo punto a partir de informacións sobre algún outro caso próximo.

 

Visto así, o mapa da corrupción en España por parte de membros dos mencionados partidos políticos resulta demoledor. Razón esta por a que as diferentes formacións están a tratar de desacreditar ao movemento Non lles votes, pero a forza que adquiriu a través da Rede vai facer que resulta especialmente complicado silencialo

 nolesvotesbig_18798_0.jpg

link

Publicidad

Etiquetado en XERAL

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post