Alcaldes desde antes das primeiras eleccións democráticas
A Voz de Galicia publica o 13 de febreiro:link
Rexedores que levan lustros din que seguen porque o pobo llo pide.
O pobo é o que manda. Esa é a resposta unánime que dan algúns dos alcaldes que, despois de consolidar o seu cargo, lexislatura tras lexislatura, volverán presentarse ás eleccións municipais do próximo mes de maio...
Pero a falta de que as listas definitivas das distintas formacións políticas estean totalmente pechadas, algúns deses rexedores que xa superaron a terceira lexislatura anunciaron que volverán xogarlla nas urnas. Entre eles están, por exemplo, os alcaldes socialistas de Culleredo, Pedrafita ou Dumbría; o rexedor nacionalista de Poio; o independente de Oleiros; ou outros veteranos do PP como, por exemplo, o rexedor do Covelo, que tamén leva no cargo desde 1975, antes das primeiras eleccións democráticas. Pero deses xa quedan poucos. Actualmente, en Galicia son cinco os que gobernan desde esa data. E o curioso é que todos son do PP.
