José Costa fala para A Voz de Galicia
En Covelo a palabra alcalde ten un sinónimo sen discusión: José Costa. Desde a chegada da democracia coñeceron cinco presidentes do Goberno e só un rexedor. Aos seus 67 anos será o candidato da provincia con máis tempo no cargo, xa que a intención do PP é que nas municipais do 2011 revalide as súas habituais maiorías absolutas.
José Costa, ou Pepe como se lle coñece no municipio, cumpre 34 anos na cadeira de mando cheo de recordos e proxectos. «Empecé como concejal tiempo antes, mi padre ya lo era, y me presenté después de que el anterior alcalde dimitiera. Luego nos integramos en UCD y conseguimos 12 de los 13 concejales», recorda desde a casa consistorial, un das obras que lle xera máis orgullo. Nas súas palabras pódese repasar a historia recente de España: «Uno de los momentos más duros, el 23 F.»E tamén a do seu partido político: «Cuando se disolvió UCD nos reunimos los alcaldes de la comarca para decidir si entrábamos en el PSOE o en Alianza Popular. La verdad es que no lo hicimos por ideología, sino porque en aquel entonces los populares tenían la Diputación».. Por este organismo pasou ata en catro ocasións, aínda que non deixa de insistir en que a política non é a súa única vocación.
Na súa mocidade era empresario, pero abandonou os seus negocios para evitar «suspicacias»...
...Nada ensombrece o seu orgullo de político mentres fala, nin sequera o caso do cámping de Maceira, polo que está imputado por un asunto vinculado a fondos europeos, xunto ao resto do seu equipo. Non mira cara atrás, concéntrase nos proxectos de futuro como o inicio dun polígono industrial,comprometido desde fai máis dunha década, ou a creación dun centro de día con ximnasio e spa, ademais do novo campo de fútbol.
Nin que dicir ten que é contrario á supresión de concellos pequenos (o seu ten unha poboación de 3.399, segundo o Instituto Nacional de Estatística), posto que afirma que a proximidade da Administración co pobo é insubstituíble.
A mesma opinión mantén no caso das deputacións, organismo ao que espera, sómese a área metropolitana. Aquí tamén teñen claro o seu municipio de referencia:
Vigo. A pesar de que a delegación da Xunta que lle corresponde é Pontevedra, o seu obxectivo é mellorar comunicacións e xestión coa cidade do sur.
¿É a marca de 41 anos no cargo o obxectivo? José Costa non llo expón: «Pienso ya en el relevo, salvo que encuentre la eterna juventud».
