COMUNICADO DE PRENSA DO BNG DE COVELO

Publicado en por municipales covelo 2011

 

 

DSC_0164-copia.jpg

 

O BNG amosa a seu rexeitamento e condena ás ameazas sufridas por  unha candidata á alcaldía de Covelo

 

O Bloque Nacionalista Galego de Covelo, convida ás forzas políticas  implicadas á calma.

 

O BNG de Covelo fai un chamamento á calma e ao sosego propio das persoas que pretenden gobernar o Concello de Covelo. O BNG considera inoportuno darlle cabida a persoas que menosprezan os valores democráticos, e aínda mais, fomentan a violencia de xénero, tendo á muller como un mero signo decorativo, negándolle a oportunidade de participar de xeito activo na vida política.

 


Xosé Manuel Sendín quere manifestar o seu malestar polo triste acontecemento das ameazas, e engade a súa intolerancia diante de calquera tipo de ameaza, amosando a súa solidariedade coa víctima. Así mesmo considera que o período que se aveciña, da campaña electoral das municipais, pode ser propicio para a exaltación de sentimentos encontrados, polo que chama á calma a ámbalas dúas forzas políticas. Esixe dos cabezas de lista, que non caian na tentación de alimentar aos que non teñen respecto polos valores democráticos que defenden as forzas políticas representadas no noso municipio.

  
O candidato do BNG, Xosé Manuel Sendin convida a un debate de ideas e de propostas que vaian encamiñadas á mellora da calidade de vida da veciñanza de Covelo, que para o BNG é a única protagonista da campaña electoral. O BNG anima ás candidaturas das outras forzas políticas a por diante de intereses partidistas os intereses xerais da veciñanza do noso municipio.

 

Publicidad

Etiquetado en BNG

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post