Entrevista no Faro a Xosé Manuel Sendín ano 2007

Publicado en por municipales covelo 2011

Faro:

Xosé Manuel Sendín compaxina o seu traballo no departamento de administración dunha empresa co seu posto de concelleiro do Bloque no Concello de Covelo. As próximas eleccións son unha segunda oportunidade para alcanzar o goberno deste municipio.

- Que valoración merécenlle este últimos catro anos nos que se estreou como portavoz do BNG?

- Foron catro anos de traballo intenso por parte do BNG, ofrecendo alternativas e propostas positivas para Covelo, formulacións que sempre foron rexeitados polo goberno municipal do PP, presidido por José Costa. Foron catro anos perdidos para Covelo, cun goberno municipal esgotado, sen ideas, canso, que non ofrece ilusión nin futuro para a localidade.

- Un concello pequeno e con pouca poboación ten futuro?

- É verdade que hai certo pesimismo entre os habitantes. Os veciños din que Covelo non ten futuro, que a xente foxe das parroquias, e dino porque temos un goberno local que non ofrece futuro. O BNG, e eu como candidato a alcalde, cremos que Covelo ten futuro, pero para iso necesitamos un cambio político, un goberno municipal e un alcalde do Bloque con capacidade, ideas e proxectos que saquen ao municipio da parálise e do abandono.

- Cales son eses proxectos e ideas?

- Como alcalde converterei a Covelo no futuro concello residencial da comarca. Crearemos servizos fundamentais para mellorar a calidade de vida e aproveitaremos a tranquilidade e a paisaxe do noso concello para atraer a novos residentes, xente nova que quere a súa casa lonxe dos ruídos, da contaminación, do caos urbanístico. En colaboración coa Xunta ofreceremos vivenda en Covelo, apoiando as rehabilitacións e pisos protexidos. Converterei a Covelo nun concello ideal para vivir.

- Nun concello con tanta poboación envellecida, que ofrece o BNG?

- Propóñome ser un alcalde preocupado e envorcado co rural e co benestar da xente, especialmente dos maiores. Menos cemento e asfalto e máis servizos sociais, ese é a nosa lema. Atender aos maiores, a aqueles que sexan dependentes, coa creación de novos servizos sociais, un segundo centro para a terceira idade de titularidade pública, un centro de día, asistencia, xantar e lavandaría a domicilio para a xente con dependencia... Estas iniciativas xa as puxo en marcha Vicepresidencia noutros concellos e farémolo tamén en Covelo.


Publicidad

Etiquetado en BNG

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post