O BNG presenta a candidatura
link do blogue do candidato a alcaldía Xosé Manuel Sendín:
A presentación da nosa candidatura foi un éxito, acudiu moita xente. Os nervios iniciais desapareceron co transcorrer do propio acto. A compañeira Belén Carballo fixo unha bonita presentación. A compañeira e deputada no Congreso dos Deputados en Madrid, Olaia Fernandez Davila, animounos moito coas súas palabras. Esta claro que con xente así, como Olaia e Belén, o BNG ten forza de abondo para ser a forza política que hoxe é. Unha forza política comprometida co pais, e no noso caso con Covelo. Os que acudiron a este acto do BNG de Covelo, puideron ver un proxecto de xente ilusionada, con ganas de mudar a situación de Covelo. Estou convencido de que coas persoas que me acompañan nesta aventura podemos conseguir un mellor futuro para Covelo.