O PSOE presenta a sua nova candidata.

Publicado en por municipales covelo 2011

Hoxe o Faro de Vigo publica a nova adiantada por "eleccións Covelo 2011"

O PSOE elixiu a Rebeca Costas, unha ATS de 31 anos, como aspirante á Alcaldía de Covelo. A nova candidata foi presentada onte polo secretario de Organización, Luís Piña.

Sobre Rebeca Costas, Piña asegurou que "representa a renovación política en Covelo", mentres que a nova candidata manifestou a súa ilusión por traballar polo municipio xa que na actualidade o proxecto que existe "é antigo e está esgotado xa que Covelo permanece ancorado no pasado".

Rebeca Costas sinalou que a súa intención é ofrecer unha alternativa que garanta un futuro para Covelo con asentamento de poboación que permita unha rexeneración da localidade.

Luís Piña sinalou tamén que nas poboacións do interior a meta máis importante é evitar o envellecemento da poboación e lembrou que o día 22 de maio imos elixir "os concelleiros e alcaldes das nosas vilas" e no caso de Covelo "o Partido Socialista ten moito colchón para crecer.

Co respecto a multitude das listas de independentes de últimos días na comarca, o secretario de Organización dos socialistas da provincia asegurou que "son normalmente persoas encabuxadas do Partido Popular que o único que pensan é e garantirse os seus intereses persoais".

psoe.jpg
Publicidad

Etiquetado en PSOE

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post
B

A nova na Voz:

http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/03/18/0003_201103V18C10995.htm

Responder