Atlantico.net entrevista a Rebeca Costas, candidata do PSOE
Según Luís Piña, 'culmínase satisfactoriamente una das situacións máis complexas de toda a provincia e péchase todo o proceso de elección de candidatos na comarca', a falta do peche 'fomal' da candidatura en Mos. Rebeca Costas, técnica sanitaria, covelense con residencia permanente na localidade, ten as ideas moi claras, 'acabar co monopolio que hai no Concello'. Aspira a 'dobrar' resultados e aumentar a presenza socialista na corporación municipal agora cun concelleiro, fronte a 7 do PP e 3 do BNG. A partir de aí, centrarse no fomento de emprego nun municipio cunha taxa de paro do 6 por cento; impulsar o desenvolvemento industrial, apostar pola implantación de enerxías renovables e 'frear' o despoboamento, algo vital para un Concello que con preto de 3.000 habitantes, alcanza unha taxa do 95 por cento de poboación maior de 65 anos.link
