Os concelleiros do BNG

Publicado en por municipaiscovelo2011

 

Vigo metropolitano publicaba ao principio da lexislatura:link

O BNG de Covelo presentou unha iniciativa na que se pretende someter á aprobación o inventario do Patrimonio Arquitectónico, Etnográfico e Arqueolóxico "porque sen este tramite non se protexe nada".

A través dun comunicado, os nacionalistas informaron de que tamén queren que se convoque ás comunidades de montes, asociacións de veciños e asociacións culturais a que aporten datos sobre ese patrimonio existente nas súas parroquias, e actualizar e someter á aprobación do pleno do Concello de Covelo as actualizacións propostas polos veciños, "incorporalas, se procede, ao inventario do Patrimonio Arquitectónico, Etnográfico e Arqueolóxico".

7779.jpg

Odilo Álvarez , Xosé Manuel Sendín  e Sonia Alonso 

Xosé Manuel Sendín Rodríguez, concelleiro portavoz do Grupo Municipal do BNG de Covelo, sinalou no mismo comunicado que "son moitos os elementos patrimoniais do noso concello que deberían ter unha protección especial", como é o caso de cruceiros, petos de ánimas, camiños históricos, fontes, lavadoiros, eiras da cera ou casas que, pola súa arquitectura singular "merecen unha mínima protección".

Segundo Sendín, "nos últimos anos o PP só actualizou un Inventario do Patrimonio Arquitectónico, Etnográfico e Arqueolóxico, que aínda non foi sometido á aprobación do Pleno".

 

Publicidad

Etiquetado en BNG

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post