Os veciños da Lamosa esixen medidas de seguridade contra o peche do túnel

Publicado en por municipaiscovelo2011

O Faro publicaba o 6 de novembro do 2010:link

2010-11-05 IMG 2010-11-05 21-16-52 cocondado

Os veciños da Lamosa esixen, medidas especiais na N-120 cando se peche calquera dos dous túneles da A-52. Mellora da sinalización, unha rotonda provisional, radar de tráfico e redución da velocidade son algunhas das solucións propostas.

Segundo informou Luís Oliveira, presidente da Asociación de Veciños, co peche anterior "habemos vivido o adianto do que pode volver ocorrer a partir de xaneiro de 2011( O día de hoxe) unha vez que volvan pechar os carrís do túnel de Folgoso da A52. Na parroquia vivimos un aumento do tráfico como mínimo do mil por cento, xa que pasamos de ter unha N-120 case de uso local a ser unha vía de alta capacidade por media por hora de coches, aínda que a infraestrutura non o soporte", asegura.

"A chegada á Lamosa desde Ponteareas é unha recta cun carril de baixada e dúas de subida, un lento. A limitación de velocidade é de 80 km/h en ambos os sentidos, cando as limitacións para as curvas de Fontefría e Paraños son de 60. É dicir, pódese atravesar o pobo a 80 quilómetros por hora, pero ademais xusto no cruzamento da N-120, na entrada á parroquia, termina o carril lento, confluíndo co rápido, ao mesmo tempo que hai unha saída desde a dereita do barrio de Paredes en perpendicular. A circunstancia máis habitual é que un veciño se pare no medio (está permitido) para cruzar á parroquia e neses momentos suban dúas caravanas de coches da A52, atopándose todos no punto de cruzamento, cun grave perigo", engade.

O presidente dos veciños da Lamosa explica problemas na recollida de nenos no transporte escolar, transporte público e mesmo do cruzamento do viario con rabaños de ovellas, o que é habitual na zona.

Entre as propostas da asociación destacan unha rotonda provisional, semáforos provisionais antes e despois da rotonda, bandas reductoras da velocidade, radares móbiles en todo o trazado da N-120 antes e despois da Lamosa, redución dos límites de velocidade a 60 km/h, un radar fixo na recta de entrada e presenza da Garda Civil todos os días da semana para solucionar os problemas de accidentes e atascos inevitables nesta situación excepcional.

Publicidad

Etiquetado en Veciños

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post