Nota de prensa do BNG de Covelo
O Grupo municipal do BNG de Covelo envíanos as accións realizadas en referencia ao corte do túnel da Franqueira
DAVILA PERGUNTOU A FOMENTO EN NOVEMBRO POLO PECHE DOS TÚNEIS DE FOLGOSO E O MINISTERIO AÍNDA NON DEU NINGUNHA RESPOSTA
A deputada do BNG demandaba ao Ministerio medidas para aminorar os problemas derivados do peche dos túneis e trasladáballe as propostas dos veciños de A Lamosa
Madrid, 21 Febreiro 2011. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixíase ao Ministerio de Fomento nunha pergunta parlamentar rexistrada no pasado mes de novembro para perguntarlle polo peche dos túneis de O Folgoso.
Nese iniciativa, que aínda hoxe non foi respostada polo Ministerio, a deputada do BNG traslaba a Fomento os numerosos problemas que afectaron aos veciños de A Cañiza e A Lamosa (concello de Covelo) pola realización da primeira parte do proxecto que tamén cortou ao tráfico os túneis, desviándose a circulación pola N-120 nun tramo de 22 quilómetros.
Davila trasladou ao Ministerio as queixas dos veciños que comprobaron como o peche dun dos túneis provocou un importante aumento de tráfico e os conseguintes problemas de seguridade vial. “Precisamente, para evitar este tipo de problemas, os veciños do lugar propuxeron solucións a Fomento como a instalación dunh rotonda provisional, semáforos, bandas reductoras de velocidade, radares móveis..”.
Agora, sinala Davila, vimos de coñecer que o Ministerio procedeu ao peche da calzada esquerda, en sentido Vigo-Ourense, da A-52 para o proxecto de mellora dos túneis do Folgoso. Un peche que durará até finais de xuño. O tráfico voltará a desviarse pola N-120 e pola N-559. Será para outubro cando Fomento realice a mesma actuación pero no túnel da outra calzada en sentido Ourense-Vigo.
link da nota na Voz de Galicia.