Campionato de caza de raposos en Covelo
Que opinan os grupos políticos?
Publicado na Voz:link
Un centenar de activistas da Fundación Equanimal boicotearon onte a celebración do campionato nacional de caza de raposo, disputado en montes da provincia de Pontevedra. Esta asociación de defensa dos dereitos dos animais acudiu por quinto ano a esta proba cun dobre obxectivo: salvar o maior número de exemplares e concienciar á poboación. Ao final, as capturas foron 37. O destino dos raposos, unha empresa autorizada en curtido de peles.
A interposición destes voluntarios ataviados con petos vermellos e provistos de pancartas entre os participantes saldouse con algúns incidentes. O máis grave foi o golpe que recibiu un operador de TVE, que acabou no chan e vendo como o seu cámara recibía patadas dun cazador. A asociación Libera solicitou ao Colexio de Xornalistas unha condena da agresión.