Resumo de prensa en referencia ao corte do túnel

Publicado en por municipaiscovelo2011

 

Estrada de circulación rápida. Esa definición de autovía parece que quedará anticuada na A-52, a vía de unión de Vigo con Ourense e a súa ligazón con Madrid pola que cada día circulan 31.000 vehículos. Por se non fosen poucos os límites de velocidade e as curvas da A-55 ao seu paso polo Porriño, desde onte hai que engadir o peche dos túneles de Folgoso, no municipio pontevedrés da Cañiza.link

A tradución de todo isto é que os condutores volven revivir o pesadelo de circular por unha vía nacional cun só carril de circulación en cada sentido, con límites de 80 ou de menos, con cruces e con tránsito por un centro urbano a partir da saída que anuncia o municipio de Covelo. Con este panorama enténdese que os atrasos no traxecto poidan variar en función da boa sorte do que leva o volante.

Se a fortuna lle sorrí serán vinte minutos, que se poden multiplicar en función dos vehículos pesados ou o tráfico urbano no centro da Cañiza. Unha vez superados todos estes obstáculos, o condutor poderá enlazar de novo coa A-52 en pouco tempo, unha vez superado o cuartel da Garda Civil do municipio.

O cruzamento dun só peón pode levar o caos á circulación e multiplicar as colas

Os viarios urbanos da Cañiza convertéronse na arteria principal da costa sur galega coa Meseta. Toda unha responsabilidade que soporta como pode, coa colaboración das súas dous únicos policías locais. «As rúas teñen que estar o máis despexadas posible, nada de coches parados xunto á beiravía porque pode colapsar a N-120», recorda un dos dous axentes mentres cumpre co seu horario de luns a venres. A pesar de todas estas precaucións, en calquera momento pode estalar a liña de camións e vehículos pesados que cruza entre os bares e tendas locais.

Prioridade ao colexio

A calma pende dun fío, fácil de axitar. Todo treme cando chega a hora de entrar no colexio infantil. A policía ten orde de darlles prioridade, así que hai que parar o tráfico procedente da autovía para que os autobuses escolares e os coches particulares poidan chegar á aulas. «Leva uns vinte minutos e témolo que facer tamén á primeira hora da tarde, entón as retencións son quilométricas», asente o axente que vixía a primeira mañá despois do corte do túnel de Folgoso. «Esta vez a cousa está tranquila, a xente do concello estaba moi concienciada e evita, se pode, coller o coche. O peor é o fin de semana, hai moito máis tráfico e nós non traballamos», apuntan desde o persoal policial da Cañiza.

O compromiso do alcalde, César Mera, co subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, é que nos próximos días a Garda Civil de Tráfico colabore para axilizar a circulación no municipio, sobre todo o fin de semana. Mentres, aos particulares e transportistas tócalles cruzar os dedos ou renderse á perda de tempo no traxecto e probar un dos famosos bocadillos de xamón. «O cruzamento dun só peón pode levar o caos á circulación e multiplicar as colas de coches», recordan os axentes da comarca da Paradanta. Para mostra, un botón: ás 19.50 un accidente dun camión que perdeu parte da súa carga agravou as retencións na N-120 pouco despois do desvío.link

Según o Faro:link

tuunel

A Garda Civil  reforzará a partir do venres os axentes na zona . Segundo explicou onte o alcalde da Cañiza, César Mera, o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, informoulle que atendendo a petición do Concello disporase de máis efectivos durante o fin de semana, especialmente o venres e o domingo, ante o aumento de tráfico na zona.

Onte, o segundo día desde que se habilitou o desvío provisional a través da N-559 e N-120, as condicións de circulación estiveron dentro da normalidade, pero as obras no interior do túnel desenvólvense a gran velocidade. O Ministerio de Fomento deu ordes de acurtar o tempo de traballo e tentar abrir o túnel canto antes. A empresa comezou a levantar a capa de rodaxe xa que será necesario abrir gabias para servizos e instalación de cableados e debe facerse en tempo marca pois as instrucións son que na ponte de semana santa debe habilitarse o túnel para paso provisional e despois continuar as obras.

A xornada de onte desenvolveuse con tranquilidade. O tráfico foi intenso na N-120 pero non tanto como se esperaba. O propio alcalde da Cañiza mostrouse sorprendido da circulación polo centro da localidade. "Nalgúns momentos do día foi inferior a unha xornada normal", dixo. Iso cambiará seguramente o venres pola tarde, xa que cada fin de semana moitos vigueses aproveitan as xornadas de asueto para visitar aos seus familiares en Ourense. O domingo, cando se produce o regreso, non haberá problemas xa que o túnel sentido Ourense-Vigo está aberto.

 

 

 

 

Publicidad

Etiquetado en XERAL

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post