O corte do túnel da Franqueira provoca o caos en Covelo
Hoxe(22/02/2011) o Faro publica:link
O accidente dun tráiler que se saíu da vía en Covelo, complicou o primeiro día sen túnel a Ourense, que onte quedou cortado por obras.
O camión saíuse da vía na primeira estrada do desvío alternativo e provocou retencións de até 4 quilómetros durante unha hora e mesmo fixo que a Garda Civil tivese que redirixir parte do tráfico por unha carretera comarcal até a N-120 no termo municipal de Mondariz.
O túnel quedou cortado á primeira hora da mañá. O tráfico desviouse pola N-559 até Paraños e despois pola N-120 até a Cañiza. Sobre as 19.00 horas un camión que transportaba pedras "fixo a tesoira", . A dimensión do camión e a dificultade para retiralo, xa que a propia carga causou danos no vehículo, fixo que dous do tres carrís da estrada nesa zona quedasen cortados e o tráfico detívose. A Garda Civil conseguiu habilitar o terceiro carril para que os vehículos circulasen alternativamente e posteriormente usou un viario comarcal para levar o tráfico até a N-120 por Mondariz.
A xornada incluíu outro accidente de tráfico na Lamosa (Covelo) pola mañá.
O peche do túnel incrementa ate en unha hora o traxecto entre Vigo e Ourense.O túnel estará pechado polo menos catro meses e posteriormente impedirase o paso durante outros catro no túnel da dirección contraria. As obras buscan modernizar os dous subterráneos, que na actualidade non cumpren coa normativa europea que está en vigor.
En previsión dos problemas, moitos transportistas de longo percorrido que cruzan o túnel cada luns, onte adiantaron o paso para evitar problemas.
Como reaccionarán os grupos políticos a estas graves incidencias?