O voto emigrante pon en risco o liderado do PP na comarca
Publica hoxe o Faro:link
O PSOE e o BNG da comarca están a axustar os cálculos para saber en que zonas da comarca envorcar os seus esforzos para conseguir arrebatar ao PP o seu bastión máis sólido na provincia, o Condado-Paradanta. A nova lei, que impide o voto nas municipais dos emigrantes, fai prever, segundo fontes dos dous partidos da oposición, cambios históricos na comarca, e alcaldías que durante anos lideraron os populares directamente ou a través de alianzas de centro-dereita xa non son tan seguras.
Ponteareas, que nas últimas eleccións municipais contabilizou máis medio milleiro de papeletas do Censo de Residentes Ausentes (CERA), que na actualidade é de 1.285 persoas, pode ver como varía o seu mapa político xa que os partidos da esquerda cren que a maioría destes votos foran "traballados" desde o PP e a anterior UCPA. Isto, unido ao castigo que se prevé ao centro-dereita por unha nova escisión do grupo UCPA, coloca a BNG e PSOE con opcións reais de formar un goberno de coalición.
O caso máis espectacular é o municipio de Crecente, un dos de Galicia onde o voto emigrante supón máis do 44% do censo. Tanto PSOE como BNG cren que pode haber un cambio, aínda que os socialistas recoñecen que nin todos os votos da emigración foron para o PP, pois o traballo do PSOE de Crecente neste sector dos votantes foi importante.
As esperanzas da oposición están tamén orientadas a mellorar os datos nas Neves e A Cañiza, onde o voto dos emigrantes roldaba o 25% do censo, pero aseguran que pode favorecerlles en toda a comarca.
O BNG sería a forza máis favorecida xa que os votos da emigración para eles eran testemuñais. "Nosostros facemos as contas e a dereita tamén as fai, e vémolos moi preocupados", asegurou Bolivar González, número dous da lista do BNG en Ponteareas.
O estudo sobre o papel é a base esencial dos partidos políticos locais para planificar as eleccións, onde as matemáticas restaron sitio ás promesas. Así, e partindo da estatística dos votantes anteriores, os que non poderán votar e o resultado de cada mesa electoral, os diferentes partidos saben como dirixir a súa campaña e que acciones usar en cada lugar da comarca. O traballo en pequenos grupos, a chamada telefónica do candidato ou a visita a persoas concretas -independentemente da cor política-, son técnicas que se impoñen fronte ao mitin parroquial.