PSOE: O PP contrata 400 axentes electorales usando a deputación.

Publicado en por municipaiscovelo2011

20minutos publicaba fai uns dias:link

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Pontevedra, Modesto Pose, acusou á Deputación que dirixe o presidente provincial do PP, Rafael Louzán, de utilizar o Plan de Emprego para contratar a 400 persoas "como axentes electorais do partido".

"A selección non a fixeron os concellos nin o Servizo Galego de Colocación, senón que foi centralizada en coordinación co PP", afirmou Pose.

Durante a presentación de Andrés Díaz como cabeza de lista do PSOE á alcaldía de Ponte Caldelas, Modesto Pose denunciou que os recursos económicos da Deputación están "a disposición da estratexia do PP" e acusou ao seu titular de "gastar" e "dilapidar" 14 millóns de euros de libre disposición "en axudar a candidatos amigos e comprar o que non ten comprado cos recursos de todos". Pose volveu insistir en que desde o PP de Pontevedra "a día de hoxe estase tentando contactar con concelleiros do PSOE".

cp12f04319912_476746.jpg


Publicidad

Etiquetado en PSOE

Para estar informado de los últimos artículos, suscríbase:
Comentar este post